[./index.html]
[./nos.html]
[./a_musica.html]
[./multimedia.html]
[./axenda.html]
[./contact.html]
[Web Creator] [LMSOFT]

TANXEDORAS é un proxecto que agroma en setembro de 2003 coas  primeiras choivas que fan medrar a herba nos campos, que enchen os regueiros e calman as sedes do verán. Somos cinco mulleres que tanxemos diversos instrumentos tradicionais galegos como pandeiro, pandeireta, gaita, acordeón, cunchas, ferriños, culleres, legóns, tixolas, morteiros, etc.

Somos: Leni Pérez, Margó Gaioso, Teresa Santamaría, Ioli Pérez e María Silva.

Con anterioridade, formamos parte doutras agrupacións folclóricas, mais os camiños da vida nos xuntaron para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.